TABACO: Hábito, tratamentos… que acadamos ao deixalo.
Parece doado falar do tabaco e de fumar cando non se fuma pero non tanto cando se
fuma. É moi fácil empezar a conumilo, pero é difícil deixalo.
Pese a todas as campañas das últimas décadas segue a ser un hábito daniño moi
estendido no noso país. O 33% dos españois de 15 anos ou máis fuma tabaco na actualidade. Somos os que máis fumamos na UE, só detras dos gregos (40%) e búlgaros e letones (36%). A media da UE é do 28% segundo un Eurobarómetro especial publicado cara ao Día Mundial sen Tabaco (31 de maio). Suecia é o único país por debaixo do 20%: só un 13% admite fumar. Entre os que menos fuman os portugueses e eslovenos (23%) os seguen os holandeses e italianos (24% cada un).
Onde máis se está a deixar é nos Países Baixos e Dinamarca (31%). Os que menos o
deixan os rumáns cun 12%. Preto da media europea estamos nós, un 22%. En España, a taxa de exfumadores desde 2006 subíu só o 5%. Esta taxa permaneceu estable en 19 países e baixou un pouco noutros 5. O 70% dos fumadores e exfumadores da UE comezou a fumar antes de cumplir os 18 anos o que resulta craramente preocupante.
O 60% dos europeos móstrase a favor de dar menos visibilidade ao tabaco, de que sexa
menos atractivo, impedindo que os produtos de tabaco estean á vista nas tendas, restrinxindo o uso de sabores e cores chamativos. Un 73% pide medidas máis estrictas para frear o comercio ilegal de cigarrillos, anque con elas aumente o prezo.
Un recente estudo indica que o maior incremento do consumo de tabaco na poboación
escolar sitúase entre os 12 e 14 anos, e o pico absoluto dos 14 aos 16. Nun mes son xa adictos á nicotina. Os nenos que teñen pais e nais fumadores, fuman o equivalente a cinco cigarrillos ao día. Todo isto sí que é alarmante.
Segundo datos do Servicio Canario da Saúde, cada vez se adianta máis a idade de inicio
no consumo: as nenas e nenos canarios son os máis precoces de España á hora de empezar a fumar. Inflúen factores como a pobreza, o bo tempo e que incluso antes se premiaba con tabaco o bo comportamento. Tamén inflúe o fácil acceso pois a comunidade é grande productora de tabaco. As mulleres aumentaron grandemente o seu consumo pero baixa nos homes. No resto de España a media do inicio no tabaco sitúase nos 13 anos. Por iso as campañas máis recentes focalízanse nos xóvenes e adolescentes. Hai que desmontar a idea de que é fotoxénico, dá estilo ou atractivo. Na campaña «Rompe co tabaco» insístese nelo “Reconóceo: os dentes amarelos nunca estiveron de moda».
Aínda así as campañas contra o tabaquismo non teñen conseguido moito salvo cando a
motivación e grande, como acontece coas preñadas cando ven a ecografía do seu bebé, enfermos de corazón e de cancro.
Fumar é unha epidemia en todo o mundo que pasa dunha xeración a outra. O tabaquismo
causa o 30 % dos cancros e o 80% dos de pulmón. É unha drogadición coa mesma dependencia e síndrome de abstinencia que o resto de sustancias tóxicas, ao que se engade que é un costume social o que fai moitísimo dano e dificulta deixar o hábito. Os psicólogos e psiquiatras que elaboraron o estudo aseguran que a dependencia da nicotina, ademáis de ser un risco para certas patoloxías, como a EPOC (Enfisema pulmonar), é un transtorno psiquiátrico.
Se xa se fuma o mellor que se pode faer e buscar o xeito de deixalo. A recente lexislación
prohibíu fumar en tódolos espazos públicos pechados, locais de ocio e restaurantes. O 78% dos españois está de acordo, pasado case un ano e medio desde a Lei.
O tabaquismo activo causa alomenos 25 enfermidades coñecidas e é un factor de risco
para múlitples problemas relacionados coa saúde. En España 56.000 persoas morren ao ano por fumar. Afírmase que non hai un tratamento estandar, debe ser persoalizado.
Os médicos confían nos dous únicos métodos, que teñen demostrado a súa eficacia para
deixar de fumar: a terapia psicológica (fundamentalmente técnicas cognitivo-conductuais) e a terapia farmacolóxica, dentro da que hai que distinguir 3 tipos de produtos: a terapia sustitutiva de nicotina (TSN) o bupropion e a vareniclina.
A TSN reduce as ganas de fumar e o síndrome de abstinencia ao tabaco (SAT),
reemplazando parcialmente os efectos psicoactivos positivos asociados con fumar cigarrillos -como a mellora do humor e a atención-, á vez que disocia a conducta de fumar cos efectos da nicotina. Esta terapia está disponible no mercado en diversas presentacións: parches, chicles ou inhaladores.
1. Parches de nicotina: véndense sen receita. Suministran unha cantidade continua de
nicotina ao corpo a través do pel. Hai concentracións diferentes. A dosis diminúe gradualmente conforme avanza o tratamento. Non é recomendable para personas con problemas de pel ou alerxias á cinta adhesiva.
2. Chicle de nicotina: dosis de 2 e 4 mgs sin receita. Libera nicotina no torrente
sanguíneo a través la boca. Non é bo para personas con enfermidade da articulación temporalmandibular, dentaduras ou outro aparato dental coma pontes.
3. Atomizador nasal de nicotina: soamente con receita. Unha botelliña de bomba que
contén nicotina para poder inhalar cando teñan a urxencia de fumar. Non o usarán persoas con sinusitis, alerxias ou asma, nin a xóvenes.
4. Inhalador de nicotina, só con receta médica. Vaporiza a nicotina na boca por unha
boquilla pegada a un cartucho de plástico. Non suministra nicotina aos pulmóns como o fai o cigarro. A maior parte da nicotina vai só á boca e a gorxa onde é absorbida polas membranas mucosas. Efectos secundarios comúns son a irritación da boca e garganta, e tos. Se se padece asma, debe usarse con cuidado. Non hai diferenzas significativas segundo a presentación pois non contén os elementos canceríxenos nin tóxicos que se atopan no fume. O seu risco de adición e retirada son mínimos. É unha opción terapéutica moi recomendable.
5. Bupropion: Antidepresivo con propiedades psicoestimulantes, medicamento non
nicotínico. Simula os efectos da nicotina para poder diminuir os síntomas típicos da abstinencia que, en moitos casos, provoca que se sustitúa o tabaco pola comida.
6. Vareniclina: Ten triple acción: por un lado diminúe o desexo de fumar, reduce a
sensación e os efectos da abstinencia e desfai a asociación do cigarrillo co placer.
O apoio psicolóxico: debe ser acompañado con terapia farmacolóxica. 7. Técnicas cognitivo-conductuais: cando a dependencia é moi forte e hai grande
dificultade. Terapias de relaxación, autocontrol, ou as “ferramentas de aversión», nas que se relaciona o hábito de fumar con sensacións desagradables para evitar as recaídas e o síndrome de abstinencia. A Asociación Española Contra el Cancro e o Hospital Carlos III, de Madrid ofrecen sesións gratuitas a través de diferentes técnicas a distancia: líneas telefónicas de axuda ao fumador e terapia ‘on line’.
Terapias alternativas como acupuntura, hipnose, homeopatía, biorresonancia ou
termoestimulación, non teñen aval científico. Destacan que a súa eficacia depende só da vontade individual de deixar o hábito.
8. Hipnose. Fin: acabar coa dependencia emocional do tabaco actuando sobre a o
subconsciente do suxeto para controlar o impulso de fumar.
9. Acupuntura. Finalidade reducir a ansiedade, a dependencia da nicotina e o síndrome
de abstinencia nos primeros días sen fumar.
10. Homeopatía. Usa unha dilución homeopática da pranta como unha vacuna contra o
propio tabaco; a caladio, a máis empregada e cuxos efectos desintoxicantes da nicotina son moi efectivos. Prantas tranquilizantes e desintoxicantes, como a passiflora, ou o dente de león, que axuda a desintoxicar o fígado e os pulmóns da nicotina.
11. Biorresonancia. Terapias combinadas naturais: bioresonancia, acupuntura con
bioestimulación, vacuna homeopática e terapia con relaxación. Non ten efectos secundarios nin contraindicacións.
12. Termoestimulación. Raios infrarroxos en determinados puntos do pel para inducir a
segregación de endorfinas, como fai o consumo do tabaco.
13. Bos consellos: libros de autoaxuda. Lecturas sencillas que ofrecen pautas e consellos
para desmontar as excusas dos fumadores para non deixalo.
E despóis de deixalo ¿qué acontece?. Os feitos falan máis que posibles conclusións: Aos 20 minutos normalízase a temperatura das extremidades e tanto a tensión arterial
como a frecuencia cardiaca volven ao seu estado normal.
Ás 8 horas os niveis sanguíneos de osíxeno e monóxido de carbono se equilibran. Ás 24 horas diminúe o risco de sofrer un infarto de miocardio. Ás 48 horas mejorar el gusto y el olfato y la nicotina ya no se detecta en sangre Ás 72 horas prodúcese unha relaxación dos tubos bronquiais e un leve aumento da
Ás 2 ó 3 semanas mellora a circulación e se normaliza nun 30% a función dos pulmóns. Entre el primeiro e o segundo mes aumenta a capacidade respiratoria. Ao ano redúcese á metade o risco de padecer un infarto. Aos tres anos o risco de padecer unha enfermidade de corazón ou da circulación arterial
diminúe a niveis similares das persoas que nunca fumaron.
Aos 5 anos redúcese á metade o risco de padecer cancro de pulmón, larinxe ou esófago. Aos 5-10 anos o risco de cancro oral é similar ao de alguén que non teña fumado. A partires dos 10 anos o risco de mortalidade iguálase ao dunha persoa que nunca
integrerad BÖRJAN - Mark 16:15 Gå ut i hela världen och predika de goda nyheterna för alla människor VI ÄR HÄR! SLUTET- Upp 7:9 en stor skara som ingen kunde räkna, alla folkslag och stammar och William Carey 1761-1831 länder och språk Pioneer Tentmaker Missionary to India 97% av onådda bor i länder där traditionell misssio
Maschinen für die Drahtindustrie - machines for the wire industry machines pour l'industrie de fil - máquinas para la industria de alambre OFFERTE FABRIKAT Arbeitsbereich Offer No. make working range Ablaufhaspel - decoilers (motorized) - dérouleurs avec moteur - desarroladoras con motor D02I/4756 Anspitzmaschinen - pointing machines - pointeuses - aguzadoras